CONGRESO ESTATAL EPA 2023

O III Congreso estatal de EPA 2023: un dereito a novas oportunidades celebrarase, en formato híbrido con participación presencial ou na Rede, os días 24 e 25 de marzo de 2023 na Facultade de Educación da Universidade de Alicante. Este evento dará continuidade aos espazos de diálogo, debate e convivencia abertos polos dous congresos precedentes e tomará así o relevo do II Congreso organizado con éxito no 2022 polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) de Galicia.

 

PRESENTACIÓN

O congreso servirá para pór en valor proxectos de futuro e iniciativas innovadoras que xirarán darredor de seis áreas de debate inspiradas no Marco de Acción de Marrakech 2022: Aproveitar o poder transformador da aprendizaxe e a educación de persoas adultas (AEA). Analizaremos, polo tanto, sobre cuestións referidas a marcos e acordos de gobernanza, sistemas educativos para persoas adultas, calidade da aprendizaxe, inclusión socio-educativa, dominios de aprendizaxe e cooperación nacional e internacional.

Trátase, daquela, dunha ocasión única para reflexionar conxuntamente e compartir propostas, experiencias e estratexias que contribuirán, sen dúbida, a fortalecer a rede estatal de EPA.

OBXECTIVOS
  • Conectar coas directrices e dinámicas innovadoras pola aprendizaxe ao longo da vida en Europa e en todo o mundo no Marco de Acción de Marrakech 2022.
  • Dar a coñecer e compartir experiencias levadas a cabo en ámbitos diversos, como por exemplo, a alfabetización múltiple e global, a inclusión socio-educativa das persoas novas e adultas, a formación vencellada á ocupación e á empregabilidade, a participación cívica e cultural e a internacionalización no ámbito da educación de persoas adultas.
  • Consolidar a rede pública estatal dos equipos docentes involucrados na aprendizaxe e a educación de persoas adultas e incentivar o asociacionismo do profesorado e das persoas participantes.
COMITÉS
CONTACTO

INSCRICIÓN

Información xeral sobre inscrición e participación

Todas as persoas interesadas en asistir ao III Congreso estatal de EPA 2023 deben inscribirse obrigatoriamente a través do formulario xeral de inscrición (A Formulario xeral), con independencia de que desexen intervir como relatores ou relatoras en calquera das dúas modalidades, presencial ou virtual (B Formulario para intervencións), ou expoñer presencialmente recursos educativos na sala de exposición (C Formulario para exposición), en cuxo caso ditas persoas deberán completar, ademais, un dos dous formularios de inscrición en función da segunda ou terceira modalidade de intervención na que se pretende así mesmo participar.

Publicación de listaxes provisionais e definitivos de persoas participantes

  • 21 de febreiro: publicación da listaxe provisional.
  • Do 21 ao 27 de febreiro: comprobación por parte das persoas interesadas dos datos básicos de participación (nome e apelidos, centro docente e modalidade de participación solicitada), co fin de que cada persoa revise a correción dos seus datos e realice, se procede, o trámite de petición de subsanación, modificación de datos ou renuncia á participación. Para efectualo, deberase escribir un correo electrónico a 03402061.fpa+congres@edu.gva.es no que se especificarán os datos a corrixir ou modificar.
  • NOVIDADE 3 de marzo: publicación da listaxe definitiva, documento que terá o valor acreditativo ante as administracións educativas correspondentes da inscrición de participantes no congreso. Unha vez publicado, non haberá posibilidade de modificación relativa á modalidade de participación, presencial ou na Rede.
  • 25 de marzo: entrega en man de xustificante de participación ás persoas que participen na modalidade presencial do congreso. Aquelas que o realicen de forma virtual non recibirán este tipo de documento xustificativo.

Formularios de inscrición segundo tipoloxía de participación

Finalizados os prazos de inscrición xeral (formulario A) e de presentación de solicitudes de intervención (formulario B) e participación na sala de exposición (formulario C).

Cronograma con datas clave

PROGRAMA

Áreas de debate

O III Congrés estatal de EPA 2023: un dereito a novas oportunidades servirá para pór en valor proxectos de futuro e iniciativas innovadoras que xirarán darredor de seis áreas de debate inspiradas no Marco de Acción de Marrakech 2022: Aproveitar o poder transformador da aprendizaxe e a educación de persoas adultas (AEA). Reflexionaremos, polo tanto, sobre cuestións referidas a cada unha das áreas de debate que se desglosan nos seus correspondentes obxectivos:

ÁREA 1

Área 1. Marcos e acordos de gobernanza
1. Convertir a visión do dereito á aprendizaxe permanente en realidade, coa colaboración de todos os actores clave: ministerios de educación, organizacións da sociedade civil, sector privado, universidades, etc.
2. Incrementar a financiación pública e a mobilización de recursos por parte de ministerios de educación, axentes empregadores, outros actores privados, gobernos locais e estudantes.

ÁREA 2
ÁREA 3
ÁREA 4
ÁREA 5
ÁREA 6

Tipoloxía de espazos de traballo

  • Actos institucionais.
  • Intervencións marco.
  • Mesas de debate.
  • Comunicacións en directo e a través da galería de vídeos.
  • Obradoiros didácticos.
  • Laboratorio de proxectos.
  • Sala de exposición.
  • Actividades recreativas-culturais.

FAQ

Antes do congreso

Durante o congreso

Despois do congreso